Execución do Convenio Único
  • Execución do Convenio único do Persoal Laboral respecto ao Plan de Pensións da AXE.


    As contribucións ao Plan de Pensións para o persoal laboral, veñen determinadas en función das equivalencias entre grupos de titulación do persoal funcionario e grupos profesionais do Convenio único. Estas equivalencias baséanse nos niveis de titulación esixida para o seu ingreso nos respectivos grupos, respecto dos cales o II Convenio único non introduciu modificacións. Agora ben, a Disposición adicional sétima do mencionado Convenio establece a reclasificación da categoría de Oficial Administrativo a extinguir (Grupo 5) no grupo profesional 3, polo que procede abonar as diferenzas de achega entre Grupos.

    En relación a diversas cuestións sobre este tema que se formularon hai que responder o seguinte:
    o pagamento de atrasos a contratados temporais no ano 2005, por un período de 6 meses, na modalidade de eventual, se ben o II Convenio único puido entrar en vigor nunha data posterior á de extinción do contrato, os seus efectos económicos, agás as excepcións que expresamente se establecen, rexen desde o 1 de xaneiro de 2005 (art. 2). Nin o II Convenio, nin as instrucións ditadas para a súa aplicación inclúen ningunha excepción en razón da data de ocupación dos postos ou da duración dos contratos, polo que cabe entender que procede o pagamento de atrasos a todos os contratados cuxo prazo de duración estea comprendido dentro da data de efectos económicos do II Convenio único, con independencia de que sexan temporais ou indefinidos.

    Por conseguinte, no que respecta á contribución ao Plan de Pensións correspondente ao persoal laboral, lémbrase que a mesma vén determinada en función das equivalencias entre grupos de titulación do persoal funcionario e grupos profesionais do Convenio único, fixadas no artigo 22.3 da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2006. Estas equivalencias non sufriron modificacións.