Criterio sobre contribucións polas Promotoras
  • Criterio sobre contribucións polas Promotoras nos casos de Incapacidade Temporal.
     

    En relación á obriga de realizar contribucións en favor de partícipes en período de prórroga de efectos da situación de incapacidade temporal, é dicir, unha vez extinguido o prazo máximo fixado para a situación de incapacidade temporal e, dentro do período de prórroga establecido para a resolución correspondente polo Equipo de Valoración, o criterio da Comisión de Control do Plan de Pensións da AXE é o seguinte:

    O artigo 16.4.a) das Especificacións do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado contempla que:

    "Non se pasará á condición de partícipe en suspenso nos supostos de licenza por enfermidade ou incapacidade temporal". É dicir, no caso de declaración de Incapacidade temporal, existe a obriga de realizar as contribucións. Non obstante, pódese presentar o problema da obriga de contribuír ao Plan de Pensións con posterioridade á situación de finalización do prazo legal da Incapacidade temporal.

    A duración normal, así como as prórrogas establecidas en materia de Incapacidade Temporal, veñen determinadas nos artigos 128 a 133 do Texto Refundido da Lei Xeral sobre Seguridade Social. A mesma prevé que :

    * No caso de accidente ou enfermidade, calquera que sexa a súa causa, o período é de 12 meses prorrogables por outros 6 cando se presuma que, durante a vixencia dos mesmos, o traballador poida ser dado de alta médica por curación.
    * No caso de períodos de observación por enfermidade profesional, o período é de 6 meses prorrogables por outros 6 cando se estime necesario para o estudo e diagnóstico da enfermidade.

    Así mesmo, a lexislación fixa unha prórroga extraordinaria :

    Cando a situación de incapacidade temporal se extinga polo transcurso do período máximo fixado, examinarase no prazo de tres meses o estado do incapacitado a efectos da súa cualificación no grao que corresponda como inválido permanente. Non subsistirá a obriga de cotizar durante o devandito prazo de tres meses previsto para a cualificación da incapacidade, unha vez esgotado o prazo máximo de 18 meses de incapacidade temporal. Porén, os efectos da situación de incapacidade temporal prorrogaranse ata o momento da cualificación polo órgano competente de avaliación.

    En consecuencia, só no caso de que se producise unha extinción da relación laboral pasado o prazo máximo legal sinalado para a situación de incapacidade transitoria poderíase suspender a obriga de contribuír ao Plan de Pensións por parte da Promotora para ese partícipe; no resto dos supostos, esgotado o prazo máximo de incapacidade temporal e dentro do prazo de prórroga extraordinaria establecido para a cualificación polo órgano competente, o devandito partícipe encontraríase en situación de incapacidade temporal pendente de cualificación e, de acordo co previsto no artigo 16.4.a) das Especificacións do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado coa condición de partícipe en activo e con dereito á contribución correspondente, se a data 1 de maio non se lle deu de baixa por parte da Promotora e extinguido a relación laboral.