PARTICIPACIÓNS E DEREITOS CONSOLIDADOS
  • ¿Que teño que facer se desexo CONSULTAR AS MIÑAS PARTICIPACIÓNS E DEREITOS CONSOLIDADOS no Plan de Pensións AXE?


    Aqueles partícipes con clave persoal de acceso ao portal do empregado público FUNCIONA poderán consultalo na súa área persoal.

    Pode dirixirse a calquera Oficina bancaria do Grupo BBVA, identificarse como partícipe do Plan e solicitar a consulta, pudendo obter a información nese mesmo momento.

    Pode consultar os seus dereitos consolidados solicitando en calquera Oficina bancaria do Grupo BBVA as súas claves persoais de acceso á área restrinxida de www.bbvanet.com/AXE.

    Aqueles partícipes que solicitasen información persoal domiciliada, recibirán esta información con carácter trimestral.