IRPF
  • ¿As achegas ao Plan de Pensións da AXE débense declarar a efectos do IRPF?


    As contribucións imputadas polos Promotores aos partícipes do Plan de Pensións da AXE deberán declararse a efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas como rendementos do traballo, á vez que serán obxecto de redución na base impoñible do imposto. Polo tanto terán un efecto fiscal neutro.
    Así mesmo as achegas voluntarias que realicen os partícipes do Plan de Pensións da AXE poderán reducirse na base impoñible do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas co límite de achegas que proceda, segundo as circunstancias laborais persoais e familiares que concorran na súa declaración.