Trámite inicial en calquera oficina do BBVA
¿Como Partícipe do Plan debo realizar algún trámite inicial en calquera oficina do BBVA?
Non, pero se desexa recibir información domiciliada sobre os seus dereitos económicos no Plan da AXE, deberá presentarse unha única vez en calquera oficina do BBVA acreditándose como partícipe do Plan da AXE mediante a presentación do DNI e facilitando o seu domicilio. Ademais, se o desexa, poderá obter na oficina do BBVA nese mesmo momento o seu Certificado de Pertenza ao Plan, realizar consultas de movementos económicos ou designar Beneficiarios.